
A nova lei de pesca recreativa e un insulto a liberdade de expresión das persoas, estamos vivindo unha dictadura silenciosa, nos vixilan dende todos os aspectos, nos controlan o gasto, nos obligan a pagar cada vez mais impostos, e agora queren saber canto pescamos e que tipo de peixe pescamos.
Estamos perdendo liberdades sen parar e é incrivel que non fagamos piña e botar estes elementos dos estamentos públicos.
Os periódicos publican o que lle mandan xa que todos dependen das diversas subvencións e nos non imos calar porque non estamos nese xogo.
Como pode ser que este acontecendo a supresión de liberdades do pobo e as subidas de impostos e mentres saber algúns políticos estan a facer practicas de diversa consideración:
Un alcalde con exclusividade dun pobo da Coruña e exclusivo para o pobo e ten compatibilidad do cargo con 6 empresas.
Ese mesmo alcalde esta cobrando cunha das suas empresas concursos dun concello limítrofe.
No seu Concello o concurso que antes cobraba el, agora o cobra unha empregada que rexistraron coma autónoma e cobra o mesmo concurso que cobraba o alcalde.
Este mesmo alcalde ten un pobo de 9000 habitantes e cobra maís co Alcalde de Carballo e Laracha.
Outro caso e o dos concelleiros do PP de Noia que despilfarran o diñeiro en cantidades desorbitadas.
Xa e hora de levantarse e non calar!

