
O goberno local aprobou no último pleno solicitar unha subvención á Deputación da Coruña, dentro do seu programa para a posta en valor de Bens de Interese Cultural, para sufragar a actuación orzada en 59.943,50 euros.
Co obxectivo de poñer en valor este curceiro declarado Ben de Interese Cultural, renovarase a pavimentación e iluminación, peatonalizarase a zona e colocarase un novo punto de contedores.