CAMPO DE VOLUNTARIADO “CASTRO DE MONTES CLAROS”

O xacemento arqueolóxico dos Montes Claros é un castro ártabre
forti.icado. Os participantes coñecerán a cultura castrexa e a forma de
vida dos celtas galegos; e realizará tarefas auxiliares en colaboración
coa campaña de escavación e restauración de estruturas arqueolóxicas
que se realizarán no castro, implicándose na interpretación e respecto
do patrimonio. As tarefas auxiliares previstas son as seguintes:

  • Identi.icación de estruturas na vila forti.icada; aprender a
    mirar e identi.icar paisaxes prehistóricas.
  • Limpeza de maleza e xestas e recollida de residuos en zonas
    escavadas.
  • Eliminación do rebrote de árbores e arbustos.
  • Limpeza manual de muros de pedra cortando vexetación e evitando o arrincado das raíces. O campo tamén terá un
    enfoque ambiental, restaurando o medio natural e a paisaxe. O proxecto consistirá na localización e limpeza de
    a.loramentos e tallas rupestres no alto do castro, poñendo en valor o rico folclore galego e a xeogra.ía mítica das
    lendas prehistóricas.
    Tomaranse medidas especiais para manter a biodiversidade animal e vexetal,
    evitando actuacións que perturben as especies nidi.icantes.
    Os voluntarios serán incentivados e inculcados con respecto e interese por
    preservar e protexer sitios de interese arqueolóxico, ambiental, etnográ.ico e
    patrimonial.
    Coñecemento da cultura galaico-romana e aproveitamento do carácter
    internacional do intercambio de lendas comúns a toda a prehistoria indoeuropea.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

  • Actividades de aventura. Visita ao Ventoso.
  • Obradoiros: sobre .lora, fauna… do medio, sobre coñecementos sobre a vida nos
    castros, sobre debuxo arqueolóxico.
  • Xogos deportivos.
  • Rutas de sendeirismo: pola ruta do río Anllóns, pola do río Bradoso, rutas BTT, etc.
  • Rutas arqueolóxicas e patrimoniais: visita a outros xacementos arqueolóxicos do
    municipio. Visita a Santiago de Compostela.
  • Rutas de .in de semana: Dolmen de Dombate, Castro de Borneiro e/ou estación de
    arte rupestre de Corme. Visita a Fisterra. Torre de Hércules