
No concello de Carballo hai 29.990 vehículos, segundo os datos do padrón correspondente ao ano 2025. Son 3.041 máis que no 2020. No último ano rexistrouse un incremento especialmente importante, cun 2,81% de suba con respecto ao 2024.
Dos 29.990 vehículos que hai no noso concello, 2.351 están exentos do pago do IVTM. A maioría son tractores agrícolas (2.251), pero tamén figuran na listaxe 747 vehículos adaptados para persoas con diversidade funcional, 61 remolques lixeiros e 39 vehículos municipais. Ademais, teñen unha bonificación do 100% os 37 vehículos que hai en Carballo con matrícula histórica. Por último, están previstas bonificacións do 75% para os vehículos con 25 anos ou máis de antigüidade, que son 2.263, e para os que utilicen carburantes ecolóxicos, dos que hai 19.
En total, en Carballo hai máis de 5.500 vehículos con beneficios fiscais. En todos os casos, para ter as bonificacións é preciso realizar unha solicitude, tal como recolle a ordenanza municipal vixente, que pode descargarse no portal de transparencia de carballo.gal.