
A enseña especializada no canal Horeca (Hoteis, Restaurantes e Cafetarías) Cash Record, pertencente ao grupo galego de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, inaugurou un novo establecemento no parque empresarial de Cee, reforzando así a súa presenza histórica na localidade e na comarca tras case 40 anos de actividade.
O novo centro substitúe ao anterior establecemento e adáptase á nova imaxe da enseña. Dispón dunha superficie comercial de 1.684 metros cadrados e dun aparcadoiro exclusivo para clientes con 84 prazas, das cales 42 son cubertas, ademais de puntos de recarga para vehículos eléctricos, reforzando a súa aposta pola sostibilidade.
A apertura oficial tivo lugar este xoves cun acto institucional no que participaron o director xeral de Vegalsa-Eroski, José Manuel Ferreño; o director de negocio de Cash Record, Francisco Crespo; a alcaldesa de Cee, Margot Lamela; e a xerente de SEA, Beatriz Sestayo. O establecemento foi bendicido polo párroco antes de recibir aos seus primeiros clientes.
O Cash Record de Cee abre de luns a sábado en horario de 8:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e conta cun equipo de 24 profesionais, combinando persoal do anterior centro con novas incorporacións. Ademais, ofrece servizo de compra en liña con recollida en tenda mediante Click&Collect, entrega a domicilio e o apoio dunha rede de asesores comerciais.
O establecemento pon á disposición dos clientes máis de 6.000 referencias en produtos de alimentación, droguería, menaxe e bodega, con formatos adaptados ás necesidades do sector Horeca. Destaca