Catro persoas trasladadas tras un accidente con tres vehículos implicados en Ribeira

Seis persoas resultaron feridas esta mañá nun accidente de tráfico no que se viron implicados tres vehículos en Ribeira, e un total de catro evacuados de urxencia.

O sinistro produciuse ao redor das 07:30 horas, no quilómetro 107 da AC-550. Varios particulares contactaron co 112 para alertar dunha colisión na que, nun primeiro momento, parecían implicados varios coches e na que podería haber persoas feridas.

Ademais, advertían da presenza de restos na vía e de vehículos obstaculizando a circulación. Desde o 112 informouse o Servizo de Urxencias Sanitarias do 061, aos Bombeiros de Ribeira, ao Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) de Ribeira, e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencia confirmaron que finalmente se trataba dun accidente con tres vehículos implicados e que catro persoas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia para recibir atención médica.

Dous dos feridos leves reciben atención in situ.