
Unhas 80 persoas maiores de 50 anos participaron nesta iniciativa, que pechou en Baio cun acto de entrega de diplomas, pero tamén de balance e reflexión. Dende a organización animouse ao alumnado a cubrir as enquisas de satisfacción para seguir mellorando un programa “feito para que guste”.
No acto tamén participaron Susana Iglesias, adxunta á dirección, e o alcalde de Zas, Manuel Muíño, quen destacou a importancia de “seguir apostando por iniciativas que achegan o coñecemento e a formación á veciñanza, independentemente da idade e do concello donde estean, lembrando que a estes cursos da universidade en Baio asisten xente de Vimianzo, Laxe, Cabana, Camariñas, Coristanco, Muxia”.
Muíño lembrou ademais que “é un orgullo para Zas ter sido o punto de partida deste programa, que agora xa está consolidado e normalizado, estendéndose a outros concellos. Pero no seu inicio foi unha aposta arriscada e innovadora, tanto por parte da Universidade Sénior da Coruña coma do concello de Zas».




