Comezan a reforma da cantina do Campo de fútbol do Corme.

O Concello dá comezo á reforma da cantina do Campo de Fútbol do Cairo, en 📌 Corme-Porto.

💼 O proxecto conta cun orzamento de 59.125,90 euros e coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte.

🚧 Co obxectivo de modernizar e facer máis accesible o espazo, substituirase a cuberta, a estrutura e os peches, asi como o peche frontal por unha carpintería acristalada.

Renovarase, ademais, a 💡 instalación eléctrica, iluminación e 💧 fontanería, entre outras actuacións.

🗣️ O alcalde, José Manuel Mato, sinalou que «o deporte e o apoio aos clubs e eventos deportivos de Ponteceso sempre terán no Concello o seu principal aliado».