Comezo das obras de mellora nas rúas Ramón Caamaño – Editor Francisco Porrúa e recollida de augas do polideportivo municipal.

Hoxe deron comezo as obras de adecuación e mellora tanto da rede de saneamento e de augas pluviais, como do pavimento de dous tramos das rúas Ramón Caamaño e Editor Francisco Porrúa.

⚒️Actuarase tamén no Polideportivo Municipal, substituíndo os estreitos canalóns e baixantes de PVC existentes na fachada norte do edificio , por uns novos de aluminio anticorrosivo, de sección adecuada ao caudal de auga que serán recollidas nunha nova rede horizontal soterrada de augas pluviais que actualidade están a verter á rúa directamente ,dificultando o acceso a este equipamento deportivo e ao CEIP Praia de Quenxe nos días de chuvia.

💵As obras están financiadas pola Deputación Provincial da Coruña, mediante o Plan de Obras e Servizos (Plan Único de Concellos) POS+ Adicional 2/2024.