Comisión de Transporte metropolitano de A Coruña

O concelleiro de Mobilidade do Concello de Carballo, Juan Seoane, participou onte na comisión de seguimento do transporte metropolitano da Coruña, na que se valoraron as propostas presentadas polos 17 concellos afectados. Desde Carballo trasladáronse dúas fundamentais:

🚌 O aumento dos autobuses para as praias durante o verán. Desde a Dirección Xeral de Mobilidade informaron de que para este ano non está previsto.

🚌 O establecemento de paradas no polígono industrial. Esta demanda si foi aceptada. Haberá 2 paradas en sete servizos de ida e volta entre Carballo e A Coruña.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro Juan Seoane mantiveron hoxe unha xuntanza con representantes do Polígono de Carballo para trasladarlles esta última nova, que o empresariado valorou de xeito moi positivo.