Corcubión reforza a prevención de incendios para 2026

O Concello de Corcubión, a través da Concellería de Urbanismo, Medio Ambiente e Sustentabilidade, ven de solicitar á empresa pública Seaga (Servizos Agrarios Galegos) a limpeza de 12 km de pistas e vías forestais estratéxicas para mellorar a seguridade e facilitar o acceso dos medios de extinción.

💧 Ademais, o municipio conta xa con tres puntos de carga rápida de auga para camións cisterna, optimizando os tempos de resposta ante posibles lumes.

A prevención é unha tarefa de todo o ano. Seguimos traballando por un Corcubión máis seguro e resiliente 🌿