Coristanco conta desde hoxe cun novo Policia Local

O alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, recibiu esta mañá a un novo axente da Policía Local, Alejandro Rodríguez.

👉 Tras tomar posesión como funcionario en prácticas, o novo axente comezará o día 2 de xaneiro un período de seis meses de formación na Academia Galega de Seguridade Pública – AGASP, ao que seguirán tres meses de prácticas no municipio. Posteriormente, producirase o seu nomeamento como funcionario de carreira.

ℹ️ Esta incorporación enmárcase no proceso iniciado polo Concello para cubrir as prazas vacantes no corpo policial, motivadas por xubilacións e desprazamentos.

🗣️ O rexedor felicitou ao novo membro do corpo por esta nova etapa que comeza e destacou que, aínda que deba completar a súa formación na AGASP, o axente “xa forma parte do persoal municipal, o que supón un paso moi importante na normalización e recuperación do servizo”.