
O Concello de Coristanco continúa apostando polo futuro do rural cunha nova iniciativa que vén de ser aprobada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte no marco do programa Leader.
Entre os proxectos aprobados destaca a creación dunha nova páxina web municipal, un paso importante para mellorar a comunicación co veciñado, facilitar xestións en liña e modernizar os servizos públicos.
Esta iniciativa forma parte dun conxunto de accións que contan co apoio da Xunta de Galicia, o Estado e a Unión Europea a través do programa Leader, dirixido a dinamizar o rural, fomentar a innovación e impulsar o emprego e a economía local.