
A desaparición da Pedra do Encanto, tamén chamada Pedra Furada, causou unha grande conmoción en Vimianzo. O colectivo Moto Trial O Petouco, que organizara unha proba deportiva no Monte Faro, deu a voz de alarma ao descubrir que o emblemático monumento xa non estaba no seu lugar habitual.
Segundo informou Apatrigal, a pedra aínda permanecía no sitio a semana anterior ao evento, pero poucos días despois desaparecera sen deixar rastro.
No terreo observáronse marcas que indican que foi arrastrada e posiblemente cargada nun vehículo con guindastre, o que suxire un acto deliberado.
As autoridades e entidades patrimoniais investigan o sucedido para intentar recuperar esta peza de valor cultural e simbólico para a comarca da Terra de Soneira.