
Aínda pendentes de coñecer o paradoioro da desaparecida Pedra do Encanto, esta fin de semana vén de confirmarse outro atentado ao patrimonio de Vimianzo ao aparecer destrozada a centenaria alvariza de Cova dos Ladróns, de setenta metros, ubicada no Monte Faro da capital de Soneira.
Carme Toba, da Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) e autora do libro A cultura do mel na Costa da Morte, asegura que se trata dunha das alvarizas «más singulares, non só pola súa lonxitude, 70 metros, senón porque é unha construción que se integra no terreo, adaptándose á topografía do monte e tamén aos meandros do río co que linda». Sinala ademais que a súa tipoloxía garda semellanzas coas que hai na provincia de Ourense e tamén con algunhas das Illas Británicas.
Lamentablemente, parte das lousas do conxunto pétreo caeron ou están desprazadas da súa ubicación debido ao paso de maquinaria pesada pola parte superior da construcción, que se atopa ao nivel do chan do monte lindante, no que se son ben visibles as rodeiras das máquinas que traballaron na zona.
Aínda que non se pode precisar a data de construción da alvariza, Carme Toba cre que pode ser unha das que aparecen recollidas no Catastro da Ensenada, do ano 1752. Actualmente, está en desuso e non acolle colmeas, pero é unha das destacadas da Ruta das Alvarizas deseñada polo Concello de Vimianzo. Precisamente foi un dos guías, Manuel Oanes, quen se decatou da desfeita.
A alvariza toma nome dun antigo camiño que no seu día empregaba a veciñanza de Carnés para ir a Vimianzo e no que, segundo a tradición oral, «asaltaban á xente, e por iso lle chamaban Cova dos Ladróns, topónimo que se empregou para nomear a alvariza, que se atopa preto do mesmo», afirma Carme Toba.
Ante a desfeita, a directiva de Apatrigal, avoga por «esixir responsabilidades» a quenes provocaron o destrozo e que se «faga unha restauración da alvariza e que a deixen como estaba». Ao parecer, o propietario da alvariza «xa se comprometeu a arranxala», engade.
Fuente: El Correo Gallego