Detida Unha persoa por obter imaxes de carácter sexual de menores a través das redes

Identificáronse a 24 vítimas que eran menores no momento da
comisión do delito
 O detido, operaba baixo múltiples identidades nas redes sociais,
coaccionando ás vítimas para obter imaxes de carácter
sexual e provocando graves trastornos emocionais nelas
27 de setembro de 2025 – A Garda Civil, no marco da operación
“Rocki II”, detivo na Coruña, a unha persoa que obtiña imaxes de carácter
sexual de menores de idade a través das redes sociais mediante
coaccións e graves ameazas. Ata o momento foron identificadas 24
vítimas que eran menores de idade no momento da comisión do delito.
No rexistro practicado no domicilio do detido, os axentes incautáronse
e gran cantidade de dispositivos informáticos con contido sexual.
A operación iniciouse en febreiro de 2023, por mor da denuncia dunha menor
na que manifestaba que estaba a sufrir graves ameazas e coaccións
para enviar imaxes de contido sexual a través das redes sociais.
Utilizaba varios perfís para enganar ás vítimas
Froito desta denuncia, os axentes puideron comprobar que, o agora
detido, operaba en distintas redes sociais baixo varias identidades para
contactar con menores de idade. Así mesmo, comprobaron que o autor utilizaba
sofisticados métodos e ferramentas tecnolóxicas para tratar de ocultar a súa
identidade na rede.
Igualmente, constatouse que esta persoa utilizaba un patrón sistemático para
extorsionar ás vítimas. Inicialmente, enviaba ás súas vítimas unha imaxe
íntima propia (coñecida como «nude»). Posteriormente, e valéndose de diferentes
artimañas e manipulación psicolóxica, solicitaba a cambio outra
fotografía espida das vítimas. Ao recibir o primeiro espido, o presunto
autor iniciaba unha fustrigación progresiva.