Docentes e pais de alumnos queixanse das maquinas de apuestas presentes en 2 locais do Concello de Ponteceso

Docentes e pais de alumnos de Ponteceso expresaron a súa preocupación pola presenza de máquinas de apostas en dous locais do municipio, situados preto dos centros educativos. Segundo sinalan, varios estudantes estarían utilizando estes dispositivos durante os intercambios de clase e mesmo en horas lectivas, gastando cartos nestas máquinas a pesar de seren menores de idade.

As familias e o profesorado lembran que este tipo de máquinas están restrinxidas exclusivamente a persoas maiores de idade. Por iso, instan os responsables dos establecementos a extremar os controis, solicitar o DNI e evitar o acceso dos menores ás máquinas durante o horario escolar. No caso de non poder garantir estas medidas, piden que se valore a posibilidade de pechar temporalmente a actividade vinculada ao xogo mentres haxa alumnado nas proximidades.

A comunidade educativa reclama tamén a intervención das autoridades municipais e autonómicas para reforzar a vixilancia e garantir o cumprimento da normativa, co obxectivo de protexer aos menores e evitar situacións que poidan derivar en problemas de ludopatía.