Duas Veciñas de Malpica imaxen publicitaria de aceites Abril

As mestras do mar, protagonistas unha vez máis.

Dúas redeiras da vila, pertencentes á Asociación de Redeiras O Fieital, foron retratadas na última campaña de Aceites Abril, que continúa a poñer en valor o traballo e o saber das mulleres galegas.

Dende o Concello de Malpica recoñecen e agradecen esta ollada cara o oficio tradicional das redeiras, un piar fundamental da súa identidade mariñeira.