
Esta mañá presentouse no Concello de Vimianzo a 17ª edición do Dúatlon de Reis, que se celebrará o
domingo 11 de xaneiro de 2026 na parroquia de #Salto e será a única proba de#dúatlon#cros que se celebre en Galicia ao longo do ano.
No
acto de presentación participaron Mónica Rodríguez, alcaldesa do Concello de Vimianzo; Sergio Miñones, concelleiro de Deportes; Víctor Santos, técnico municipal desta área e Gustavo Álvarez, en representación da Federación Galega de Tríatlon.
Como xa é habitual, haberá dúas distancias: a SuperSprint, que sairá ás
9:30 horas, e a Estándar, cuxa saída será ás
11:30 horas. Na primeira inclúense o Campionato Galego en distancia Supersprint para as categorías cadete, xuvenil e junior e a proba popular; na segunda o Campionato Galego en distancia estándar e a proba de relevos.
O percorrido será o mesmo que nos últimos anos, mantendo un trazado xa coñecido para aqueles que ano tras ano repiten na competición.