
Empresas carballesas do sector turístico participan no proxecto C4S-Carballo pola sostibilidade, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo.
Nas dúas primeiras sesións formativas, celebradas os días 14 e 21, os/as empresarios/as participantes abordaron os conceptos chave de sostibilidade vinculados ao turismo e a súa dimensión ambiental. Por diante teñen outras dúas xornadas de traballo para afondar na dimensión social da sostibilidade e na súa integración na organización do negocio.
O programa C4S nace co obxectivo de facilitar e impulsar a integración da sostibilidade como factor diferencial e competitivo nos negocios locais do sector turístico de Carballo, poñendo en valor o patrimonio natural e cultural.
Despois das catro sesións colectivas de formación teórica colectiva, o programa continuará coa fase de mentorización e asesoramento individualizado.