En marcha a IV edición do ciclo de concertos gratuítos Noites na Cidade Vella, con actuacións de música de cámara en espazos singulares

fbdfbdgb

Desde o pasado 4 de setembro está en marcha a IV edición do ciclo de concertos gratuíto Noites na Cidade Vella. «Esta iniciativa municipal achega á cidadanía actuacións de música de cámara con actuacións en espazos singulares e monumentais da nosa cidade, elevando a cultura á súa máxima expresión», sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O ciclo ofrece nesta edición once concertos ata gratuítos ata o 18 de outubro en edificios históricos e museos emblemáticos da cidade, con entrada libre ata completar capacidade. Este xoves 11, ás 20.00 horas, o paraninfo do Reitorado da Maestranza acollerá a actuación do guitarrista Marcos Díaz. Esta semana, ademais, o sábado 13 celebrarase ás 20.00 horas na iglexa das Capuchinas a actuación de Quartet Hana.

O programa reúne a destacados intérpretes nacionais e internacionais, como o violonchelista Santiago Cañón-Valencia ou o violinista Kevin Zhu, o Dúo Mandala, a pianista Marianna Prjevalskaya, entre outros. A Orquestra de Cámara Galega, orquestra residente do ciclo e dirixida por Rogelio Groba Otero, ofrecerá dous concertos especiais.

Un percorrido musical polo patrimonio da cidade

Os concertos celébranse en espazos singulares como o Teatro Rosalía de Castro, o Paraninfo do Reitorado da Maestranza, as igrexas das Capuchinas, Santa Lucía e Dominicos, o Museo de Belas Artes, a Fundación Luis Seoane, o Palacio de Capitanía e a Sala de Exposicións do Concello.