Encontro para ultimar a instalación dun punto de venda fixo da ONCE no núcleo urbano da Laracha.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, reuníronse co delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, acompañados por Marcos Rodríguez, xestor comercial, e Diego Rial, xefe de vendas.

O encontro serviu para ultimar a instalación dun punto de venda fixo da ONCE no núcleo urbano da Laracha.

Os xogos da ONCE teñen unha importante función social e solidaria: axudan a financiar programas en beneficio das persoas con discapacidade. Ademais, os puntos de venda tamén permiten dar a coñecer o valioso labor da organización.