Entroido da Baña

O Concello da Baña, a través da Concellería de Acción social, cultura e servizos á cidadanía, organiza o 🗓️𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨 𝟐𝟏 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨 o 🎭𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐢𝐬𝐟𝐫𝐚𝐜𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝐄𝐧𝐭𝐫𝐨𝐢𝐝𝐨, unha cita que promete converter as rúas Castelao e Tedelle nun auténtico fervedoiro de festa ⌚𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐫 𝐝𝐚𝐬 𝟏𝟔.𝟑𝟎 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐬.

O Entroido bañense aposta un ano máis por 👏 𝐟𝐨𝐦𝐞𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐨 𝐭𝐚𝐥𝐞𝐧𝐭𝐨, 𝐚 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐨𝐥𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐚, cunha dotación económica que supera os 3.000 euros en premios, repartidos en seis categorías.

𝐏𝐨𝐫 𝐩𝐫𝐢𝐦𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐯𝐞𝐳, 𝐜𝐫𝐞́𝐚𝐬𝐞 𝐨 🎖️ 𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐥𝐨𝐜𝐚𝐥, dotado con 150 €, para recoñecer aquelas comparsas ou grupos nos que, cando menos, o 75 % das persoas integrantes sexan veciñas ou veciños da Baña.

📝 𝐎 𝐪𝐮𝐞 𝐝𝐞𝐛𝐞𝐬 𝐬𝐚𝐛𝐞𝐫:

🕒 𝐇𝐨𝐫𝐚: 16.30 h.

📍 𝐏𝐞𝐫𝐜𝐨𝐫𝐫𝐢𝐝𝐨: rúas Castelao e Tedelle (☔en caso de choiva, trasladámonos ao pavillón de San Vicenzo).

🏆 𝐂𝐚𝐭𝐞𝐠𝐨𝐫𝐢́𝐚𝐬: carrozas, comparsas, grupos e individuais (infantil e adulto).

💰 𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬:

✔️Carrozas e comparsas (mín. 7 integrantes): 🥇900€, 🥈400€, 🥉150€

✔️Grupos (2 a 6 persoas): 🥇150€ , 🥈100€

✔️Individuais: 100 € por categoría.

✔️Premio especial: 150 € para a mellor participación local (min. 75% de veciños/as).

✍️ 𝐂𝐨𝐦𝐨 𝐦𝐞 𝐢𝐧𝐬𝐜𝐫𝐢𝐛𝐨❓

⚠️Tes 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝐯𝐞𝐧𝐫𝐞𝐬 𝟏𝟑 𝐝𝐞 𝐟𝐞𝐛𝐫𝐞𝐢𝐫𝐨 para anotarte.

💻 Na Sede electrónica municipal.

📌De xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello. (Lembrade: os menores precisan autorización asinada).