Na primeira chamada de alerta ao 112 o mozo atrincheirouse nunha habitación da súa vivenda ameazando con facerse dano a se mesmo, posteriormente o altercado chegou ata a praia de Burela, en Lugo.
Os axentes só dispararon ao aire, segundo as testemuñas a pé de praia, grazas aos disparos o detido perdio o equilibrio, momento no que foi reducido, segundo datos que transcenderon aos medios locais. Desde os calabozos derivóuselle a unha unidade especial de psiquiatria do Hospital da Mariña.
Descoñécense as motivacións exactas desta situación que, polo que coñecemos pola prensa galega, pode estar relacionada cun problema de saúde mental.