Este domingo celebraremos en Zas a novena edición do Trail da Filloa Zas- AD Monte Brondo

Este domingo celebraremos en Zas a novena edición do Trail da Filloa Zas- AD Monte Brondo cunha cifra histórica: 1.061 deportistas inscritos, aos que hai que sumar acompañantes que se achegarán animar e probar as filloas. Un evento que volverá encher Zas de deporte, ambiente e xente chegada de moitos puntos.

Detrás destas cifras hai moito traballo:

👉 85 persoas voluntarias

👉 25 pedras de filloas preparadas

👉 Dispositivo de seguridade con Protección Civil de Coristanco, Vimianzo, Dumbría, Muxía e Zas

👉 Aquaplanning

👉 E… unha sorpresa especial na liña de meta 🎉

🔧 Queremos destacar de xeito moi especial o esforzo que están a facer nestes días tanto a organización como o voluntariado, traballando arreo para recompoñer as desfeitas do último temporal e garantir que o percorrido e o terreo estean nas mellores condicións posibles.

ℹ️ Información importante (adaptacións polo temporal e a climatoloxía):

👉 A saída realizarase desde o pavillón, para mellorar a seguridade e a organización.

👉 Os primeiros 800 metros, ata chegar ao Concello, serán de saída neutralizada, como medida preventiva e de adaptación ás condicións meteorolóxicas.

Dende o Concello de Zas queremos agradecer sinceramente todo o traballo, a implicación e o compromiso demostrados estes días, conseguindo que un evento deportivo organizado polo Concello traia ao noso municipio a máis de mil deportistas.