Esther López gaña o Mala Fama Fighters do Burgo

Esther López, recién chegada de Madrid a Carballo, incorporouse ás filas do Molins Team e non tardou en deixar a súa pegada. Onte proclamouse gañadora no evento Mala Fama Fighters, demostrando que é unha deportista con moito que ofrecer no mundo do kickboxing.

Coñecida como Xena no seu círculo máis próximo, exhibiu unha enorme firmeza mental e unha concentración impecable ao longo do combate, factores que resultaron decisivos para facerse coa vitoria e consolidarse como unha promesa en ascenso dentro da disciplina.