Estrea de Memorias dun neno labrego en Muros

⏰ Últimos días para inscribirse!

Este venres, 9 de xaneiro, remata o prazo de inscrición para participar na saída especial organizada polo Concello de Muros dentro da campaña “Sobes ao autobús do teatro?”, impulsada polo Centro Dramático Galego.

A actividade permitirá asistir á representación de Memorias dun neno labrego, unha das obras máis emblemáticas da literatura galega, dirixida por Cándido Pazó e baseada na novela de Xosé Neira Vilas.

📅 Mércores, 14 de xaneiro de 2026

📍 Salón Teatro · Santiago de Compostela

🚌 Saída de Muros: 15:15 h

↩️ Volta desde Compostela: 20:15 h

🎟️ Entrada: 5 €

👥 17 prazas dispoñibles (por orde de inscrición)

📝 Inscricións abertas ata este venres, 9 de xaneiro, presencialmente nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.