Ex-Alcaldesa do PP solicita a Patrimonio que investigue o desmonte do Castro da Torre en Santa Comba

Santa Comba, 8 de abril de 2026 – A exalcaldesa do PP e actual portavoz do grupo municipal popular en Santa Comba emitiu hoxe unha nota dirixida á Xefatura Territorial de Patrimonio Cultural solicitando que se investigue o desmonte realizado o pasado 7 de abril no talud do Castro da Torre, situado no lugar das Fariñas, ao carón da estrada DP-2904 (coordenadas 43.0389446, -8.8141291).

Segundo indicou, as imaxes dos operarios municipais poderían indicar un posible atropelo sobre o ben patrimonial, xa que diversas voces apuntan que o castro se atopaba na mesma zona onde se estaban a realizar traballos con grúas. Nas redes sociais do Concello informouse que o desmonte estaba previsto como paso previo á execución dun tramo de beirarrúa nas Fariñas.

O grupo municipal popular solicita que se confirme se dita actuación contou coa preceptiva autorización do departamento territorial de patrimonio, dado que podería afectar a un ben de carácter histórico.

Video cedido polo grupo de facebook Cousas de Casa