
Organiza: Asociación de Veciños O Quinteiro de Buño
📅 Domingo, 26 de abril de 2026
Voltamos de excursión e, desta vez, vai ser unha auténtica marabilla ✨
Imos visitar Allariz, unha das vilas máis fermosas do país, cun impresionante conxunto histórico-artístico. Despois, gozaremos dun xantar nun restaurante da zona e, pola tarde, visitaremos os fermosísimos xardíns do Pazo de Oca, coñecido como o “Versalles Galego” 🌸
Vai ser unha xornada moi completa, de paseo, patrimonio, natureza e excelente compañía.
Anímate e apúntate! As prazas son limitadas.
📌 Data límite de inscrición: 19 de abril de 2026
(ou ata completar prazas)
🚌 ITINERARIO DA VIAXE
⏰ Saída
Praza de Buño ás 08:00 h
🌄 Mañá: ALLARIZ
Ao chegar, unha guía oficial estará agardando polo grupo para facer unha visita polo seu fermoso Conxunto Histórico-Artístico, descubrindo algúns dos seus lugares máis emblemáticos ás beiras do Río Arnoia, como:
- o Convento de Santa Clara
- o barrio xudeu
- algúns dos seus museos
- os seus xardíns e rúas con encanto
🍽 Mediodía
Xantar en restaurante da zona
🌺 Tarde: PAZO DE OCA
Pola tarde visitaremos os xardíns do Pazo de Oca, coñecido como o “Versalles Galego” pola espectacular beleza dos seus espazos.
Teremos tempo libre para admirar:
- os seus estanques con forma de barco
- os xardíns ornamentais
- os labirintos
- os seus fermosos deseños de auga e pedra
🏠 Volta a Buño
Saída do Pazo de Oca arredor das 19:00 h, para estar en Buño entre as 20:30 e as 21:00 h
💳 INSCRICIÓN, PREZOS E FORMAS DE PAGO
👥 PREZOS
- Socios/as: 60 €
- Non socios/as: 65 €
✅ O prezo inclúe:
- transporte en autocar
- guía oficial en Allariz
- entrada aos xardíns do Pazo de Oca
- xantar en restaurante da zona
- seguro de asistencia en viaxe
- IVE
💳 PAGO CON TARXETA OU BIZUM
- CLICK AQUÍ PARA PAGO CON TARXETA OU BIZUM – PREZO SOCIOS
- CLICK AQUÍ PARA PAGO CON TARXETA OU BIZUM – PREZO NON SOCIOS
📌 Importante:
Podes inscribir a outras persoas poñendo o seu nome nos datos do pago.
🏦 PAGO POR TRANSFERENCIA
- IBAN beneficiario:
ES90 0049 7141 0229 1000 7300 - Nome beneficiario: Asociación de Veciños O Quinteiro de Buño
- Concepto:
EXCURSIÓN ALLARIZ + nome da persoa que viaxará - Importe:
- 60 € socios/as
- 65 € non socios/as
💶 PAGO EN EFECTIVO
De momento non dispoñible
ℹ️ OUTRA INFORMACIÓN
👨👩👧👦 Dirixido a:
Todos os públicos (socios/as e non socios/as)
⚠️ Prazas limitadas
👥 Cupo mínimo:
É necesario un mínimo de 35 persoas inscritas para poder realizar a excursión.
No caso de non chegar a ese número, a actividade cancelarase e devolverase o importe da inscrición.
📞 Información e contacto:
- Teléfono: 663 605 205
- Correo: avscoquinteirobuno@gmail.com
🖼 Cartel e actualización de información:
EXCURSIÓN A ALLARIZ E PAZO DE OCA – 26/04/2026
💙 RENOVACIÓN COTA SOCIO 2026-2027
Lembrámosche que tamén podes renovar a túa cota de socio para o ano 2026 e adiantar a do 2027 en:
RENOVACIÓN COTA SOCIO