Exhibición solidaria Garda Civil na Laracha

Hoxe martes 21 de outubro, a Garda Civil, en colaboración co Concello da Laracha, convídache a gozar dunha xornada solidaria moi especial no Colexio Otero Pedrayo.

Horario: Pola mañá, de 10:00 a 14:00 h, actividades dirixidas a escolares.

Pola tarde, de 16:00 a 18:00 h, aberto a todo o público. Poderás coñecer de preto moitas das especialidades da Garda Civil: unidades caninas, tráfico, seguridade cidadá, montaña, entre outras. Unha cita para aprender, gozar e compartir a nosa vocación de servizo con toda a cidadanía. Entrada libre e gratuíta Esperámosche! Non o perdas.