Exito das representantes da Costa no campionato galego junior celebrado en Ferrol

Orgullo muxián no Campionato Galego júnior de yudo ✨🥈

A nosa veciña Lucía Pazos, de Merexo (Muxía), volveu demostrar este pasado sábado en Ferrol que o traballo, o esforzo e a constancia dan os seus froitos 💪🔥. No Campionato Galego júnior, Lucía acadou unha magnífica segunda posición, subindo de novo ao podio nunha categoría na que compite no seu último ano.

No mesmo campionato tamén brillou a súa compañeira Aroa Blanco, de Coristanco, que conseguiu a terceira praza, nunha xornada na que ambas deportistas do Judo Bergantiños se enfrontaron nas semifinais da categoría -63 kg, ofrecendo un combate de gran nivel 👏👏

Desde o Concello de Muxía queremos felicitar a Lucía, pero tamén recoñecer o enorme traballo do Judo Bergantiños, do seu corpo técnico e de todas as persoas que acompañan, apoian e forman a estas deportistas día a día 🖤🥋

Agora, ambas xa teñen a mirada posta no Campionato de España, que se celebrará en Pamplona a última fin de semana deste mes. Desde Muxía desexámosvos toda a sorte do mundo 🍀 e seguiremos animando con orgullo a quen leva o nome do noso concello alá por onde compite.