Éxito rotundo da Festa da Pataca en Coristanco

A Festa da Pataca en Coristanco volveu brillar cun gran éxito de participación e afluencia, consolidándose como unha cita imprescindible no calendario festivo da comarca. Entre as actividades máis esperadas destacou o concurso de tractores engalanados, que sorprendeu ao público coa creatividade e o esforzo dos participantes. O tractor gañador foi o dedicado á DANA de Valencia, unha proposta orixinal e simbólica que levou os aplausos e o recoñecemento de todos os asistentes.