
EXPOSICIÓN AVES MARIÑAS | Lembra que hoxe ás 18:30 h inaugúrase no Centro Sociocomunitario de Caión a mostra «Compañeiras do mar e do ceo». Contarase coa presenza de Franqui Illanes, guía especialista en aves e interpretación do patrimonio, que explicará dun xeito ameno e próximo ese fascinante mundo.
Entrada libre e gratuíta. Dirixida a todos os públicos.
Organizan o Concello da Laracha e o GALP Costa da Morte no marco do programa «O mar de Caión. Un acercamento ao medio ambiente mariño e costeiro». Consulta no cartel as actividades de sensibilización ambiental que se van levar a cabo.