Exposición do 𝗫𝗜𝗫 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗝𝗲𝘀𝘂́𝘀 𝗡𝘂́𝗻̃𝗲𝘇 𝗱𝗲 𝗔𝗿𝘁𝗲 𝗚𝗿𝗮́𝗳𝗶𝗰𝗮 en Zas

O Centro Sociocultural de #Zas acolle do 13 ao 26 de novembro a exposición do 𝗫𝗜𝗫 𝗣𝗿𝗲𝗺𝗶𝗼 𝗜𝗻𝘁𝗲𝗿𝗻𝗮𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗝𝗲𝘀𝘂́𝘀 𝗡𝘂́𝗻̃𝗲𝘇 𝗱𝗲 𝗔𝗿𝘁𝗲 𝗚𝗿𝗮́𝗳𝗶𝗰𝗮, celebrado o ano pasado baixo a organización da Deputación da Coruña.

A mostra poderá visitarse de luns a venres de 09:30 a 14:00 horas e o martes e os xoves tamén en horario de tarde, de 16:30 a 19:30 horas.

📅 Como actividade complementaria, o 18 de novembro realizarase un obradoiro de gravado dirixido a maiores de 12 de anos e totalmente gratuíto.