
O lume iniciouse ás 18.46 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 24,53 hectáreas de monte raso
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio, quedou extinguido ás 19.11 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 18.46 horas de onte e finalmente afectou unha superficie de 24,53 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse 10 axentes, 13 brigadas e 12 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.