Falece Manuel Vecino

Manuel foi socio fundador da SD Coristanco na tempada 1979–80 e presidiu o club durante arredor de 44 anos, dedicación que deixou unha pegada imborrable na vida deportiva do noso municipio

Vecino non foi só un referente no fútbol local, senón un exemplo de compromiso, traballo e amor polo deporte e polo seu pobo. Durante décadas, dedicou a súa vida a facer medrar á SD Coristanco, creando unha verdadeira familia ao redor do campo da Rocheira, hoxe rebautizado co seu nome en xusta homenaxe.

A súa pegada vai máis alá do terreo de xogo: simboliza o que somos como comunidade, a forza do colectivo, o orgullo de ser de Coristanco e a importancia de manter vivas as persoas que fixeron posible o que hoxe temos.

O Concello traslada o seu máis sentido pésame á súa familia e amizades. Honrar a memoria de Manuel será tamén seguir promovendo os valores que el sementou entre nós.