Falece un home en Lugo atropelado por un camión

Quen alertou a través do 112 Galicia asegurou que o vehículo continuara a marcha.

O accidente produciuse ás 17:30 horas desta tarde diante dunha vivenda no lugar de Beizo, en Lugo.

Segundo relatou a persoa que chamou ao 112 para informar, o vehículo, un camión de dobre cisterna, atropelou ao home e seguiu circulando. Tamén avanzou que pensaba que estaba falecido.

Pouco despois, co equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa no punto, confirmouse o falecemento e, agora, compróbase se a vítima residía no mesmo lugar onde foi atropelada.

Pola súa banda, os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico recompilan toda a información sobre o sinistro co fin de coñecer todas as circunstancias do suceso.