
Desde o Medio Dixital Faro da Costa vémonos na obriga ética e moral de rexeitar os 60.000 euros ofrecidos polo entorno do alcalde de Santa Comba. Queremos deixar claro que non estamos en venda, que o diñeiro non o compra todo e que non temos medo.
Poden seguir ameazando, coaccionando e desprestixiando a nosa persoa; nós continuaremos coa nosa labor de perseguir as malas prácticas e as ilegalidades cometidas polo alcalde.
Podedes ameazar e coaccionar os empregados do Concello , Protección Civil, SAF, Sindicatos e outros postos de traballo que nos seguiremos denunciando todos estes feitos.
Cando o entorno do alcalde de Santa Comba presente probas que demostren que recibimos algún tipo de beneficio por parte do PP de Santa Comba ou da familia Pose, neses mesmos intres faremos pública a oferta recibida por parte do entorno da alcaldía.
Violación da privacidade, dos dereitos de imaxe e da Lei de Protección de Datos
Unha noticia está a circular polas redes sociais e por diferentes grupos de WhatsApp acusando á nosa directora sen probas nin fundamento. Lembramos que todas as nosas informacións sobre os temas candentes relacionados co alcalde van acompañadas de probas obtidas no Portal de Transparencia.
Estas publicacións, creadas unicamente para causar dano na opinión pública sen achegar ningunha proba, están a ser divulgadas polo entorno dun alcalde á deriva, nun concello que se atopa nunha situación crítica debido a políticas nulas e claramente nefastas.

Repetimos e aclaramos:
- Santi Rodríguez non é o nome real do esposo da directora.
- Non cobra ningún diñeiro polo labor que realiza.
- Non está afiliado a ningún partido político na actualidade.
- No pasado estivo afiliado ao PP.
- Nunca tivo antecedentes, feito que imos demostrar documentalmente.
Como chega o entorno do alcalde de Santa Comba a publicar estas mentiras?
Segundo fontes próximas ao propio entorno do alcalde, toda esta información tería a súa orixe nun concelleiro de Malpica de Bergantiños, do PSOE, implicado nun caso de falta de transparencia nas contas do PSOE de Malpica.
Os voceiros do alcalde en Bergantiños
No seu día, o alcalde preguntounos por que iamos contra el e non contra políticos da nosa comarca. Tomamos nota desa afirmación e, en consecuencia, xa estamos a analizar todos os contratos da alcaldía de Ponteceso do período 2019–2023.
Do mesmo xeito, no noso medio poden consultarse as críticas á inacción da alcaldía de Malpica, que nunca mantivo unha actitude matonil nin caciquil fronte ás nosas publicacións.
Os voceiros que o alcalde ten en Bergantiños sabemos perfectamente quen son, e son os de sempre: desde o concelleiro de Malpica ata aqueles que máis terían que calar en Ponteceso. Estes últimos fixéronlle a vida imposible a un mozo do pobo que actualmente reside en Malpica. Tamén coñecemos o caso dun construtor pontecesán ao que se lle deben 0,5 millóns de euros e o feito de que, presuntamente, nas últimas eleccións unha concelleira foi obrigada a presentarse para evitar represalias.
Conclusión
Podedes ofrecer o que queirades.
A resposta sempre será a mesma: NON ESTAMOS EN VENDA.