
Hoxe tivo lugar na feira de Paiosaco a Feira da Cereixa e desfrutamos durante a mañá da Festa de Interese Turístico de Galicia coa tradicional xornada de feira amenizada polos Kilomberos de Monte Alto. No posto do Concello tivemos o obradoiro infantil e a food truck con degustación gratuíta de elaboracións a base de cereixas.








