Festas da Xunqueira

Co obxectivo de garantir os mellores servizos durante as #FestasdaXunqueira, procedeuse á instalación de:

🚾 Aseos públicos con persoal de limpeza permanente.

📍 Ubicados entre o Mercado Municipal e a Praza de Concha Blanco.

🕚 O 13 e 14 de agosto en horario de 19.00 h. a 07.00 h.

🕚 O 15 e 16 de agosto en horario de 11.00 h. a 16.00 h. e de 19.00 h. a 07.00 h.

🌙🌈 Espazo de Acollida para garantir unhas festas seguras e libres de violencia.

📍 Ubicado na Aula da Cruz Vermella, sita na planta baixa da Casa do Concello de 🕚 23.00 h. a 04.00 h

📲 Recarga o móbil para urxencias (💬 chama a quen te recolla, 🧭 se te despistas)

🙌 Zona de agarda segura. Punto de reunión co teu grupo ou agarda aquí a que che veñan recoller

ℹ️ Información sobre servizos e prevención de condutas de risco.

🔇 Horas sen ruído nas atraccións

Un ano máis, durante as Festas da Xunqueira, as atraccións funcionarán sen música todos os días de 19.00 a 21.30 h. para que todas as persoas con sensibilidade auditiva poidan desfrutar das atraccións.