
O vindeiro sábado 29 de novembro, Santa Comba acolle a gran Festa de Santa Catalina, patroa dos estudantes e panadeiros, que culminará cunha espectacular degustación de cocido galego.
A xornada festiva comezará ás 12:00 horas cunha Misa de Campaña que terá lugar no Pavillón Deportivo do CEIP Barrié de la Maza.
Tras o acto relixioso, a celebración continuará coa Sesión Vermú animada polo Dúo Platino.
Ademais, contarase coa gran actuación do Mago Ilusionista Xalleiro, José Benigno.
O evento central será a degustación dun Gran Cocido Gallego, o menú inclúe; empanada, cocido, filloas, café, viño, gasosa e auga.
Haberá colchóns gratis e faranse sorteos.
Os tickets estarán á venda ata o luns 24 de novembro, en Bar Duca, Pataca Brava, Foto Teca , Autoxallas, Novo Campo, Talladas e Pastelería La Estrella.
Prezos:
-Adultos: 35€
-Nenos de 6 a 12 anos: 15€
-Menores de 6 anos: Gratis