
No encontro, xunto ao Alcalde de Fisterra, Luis Insua, estiveron presentes parte da Directiva do Clúster de Turismo de Galicia, o Presidente Cesáreo Pardal e Jesús Picallo.
Entre as mensaxes, incidiron na importancia da marca Fisterra
e o futuro para o propio municipio e a comarca.
O Clúster fixo unha análise do sector a nivel autonómico, enfocado nas novas oportunidades que se abren no futuro.
Tratáronse diversos temas como o crecemento nun nivel elevado e as sombras da estacionalidade, a rentabilidade, infraestructura e conectividade, loxística local, calidade, sostenibilidade e estratexia conxunta.
Ademais resaltaron temas como a maior atención ao turismo interno, a importancia da calidade antes que cantidade, a visibilidade dixital, sostenibilidade e cooperación, entre outros.
Pola súa parte, o Alcalde, Luis Insua, plantexou un plan de acción no que vén traballando o actual goberno dende a toma de posesión; renovación da sinalización do Concello, reubicación da estación de autobuses e melloras nos paseos marítimos, entre outras.