FORMACIÓN PARA O EMPREGO NA LARACHA

O Concello inicia o procedemento de selección do alumnado da nova acción formativa para desempregados (AFD) centrada na atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais que se vai realizar na Laracha:

▶️ Plan formativo: 528 horas.

▶️ Ofertaranse unicamente 15 prazas.

▶️ Os alumnos que rematen con éxito a formación recibirán o certificado de profesionalidade.

As persoas interesadas en participar no procedemento de selección do alumnado deben contactar co departamento municipal de Emprego:

📍Edificio Administrativo.

📞 981612811.

📧 emprego@alaracha.es