Nova mostra expositiva do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte

Museo de Golmar

Coa visita inaugural do alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, e do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, estreamos hoxe a nova mostra expositiva do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte trala remusealización do interior da reitoral de Golmar.

Dáse así un impulso ao museo modernizándoo desde unha tripla perspectiva conceptual, formal e funcional para ofrecer unha experiencia máis completa e enriquecedora aos visitantes.

O investimento foi de 48.000 euros cofinanciados entre Concello e Deputación.

José Manuel López Varela: «Ofrecemos unha instalación máis didáctica, educativa e cultural; animo especialmente aos grupos de escolares a que veñan descubrir o noso patrimonio e un centro de referencia na Costa da Morte e na provincia da Coruña»

Xosé Regueira: «O centro xogou un papel importante no pasado e vai xogar outro destacado no futuro, xa que por situación xeográfica pode ser referente dun itinerario que inclúa Soandres e o Castro de Montes Claros».

Polo momento as visitas ao Museo dos Muíños de Golmar serán só en grupo e concertadas previamente. As persoas interesadas deben contactar co Concello ou coa Oficina de Turismo municipal.