Gran ambiente esta mañá no CEIP Otero Pedrayo, onde preto de 2.000 escolares da Laracha e doutros municipios próximos desfrutaron da exhibición solidaria da Guardia Civil.

🚨 Gran ambiente esta mañá no CEIP Otero Pedrayo, onde preto de 2.000 escolares da Laracha e doutros municipios próximos desfrutaron da exhibición solidaria da Guardia Civil.

👥 Pola mañá acudiron o alcalde, José Manuel López Varela, edís da Corporación Municipal e Julio Abalde, o subdelegado do Goberno.

🚓🐕 O alumnado puido coñecer de preto o traballo das distintas unidades e participar nos simulacros e demostracións que tanto entusiasmo xeraron entre pequenos e maiores. Polas condicións climatolóxicas non puido desprazarse o helicóptero da UHEL, pero estará noutra data no colexio para que o alumnado poida velo de preto.

💚 Pola tarde continúa a actividade aberta a toda a cidadanía, de 16:00 a 18:00 horas. Anímate, ven coñecer os medios da Guardia Civil e colaborar con alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas da Laracha.