Gumersinda Vidal Blanco, veciña de Fornelos, cumpriu 102 anos

O alcalde de Zas desprazouse para acompañar a Gumersinda Vidal Blanco, veciña de Fornelos, na celebración do seu 102 aniversario, compartindo este momento tan significativo cos seus fillos e coa súa familia.
.
Como sempre o alcalde de Zas agasallouna cunha tarta como mostra de respecto e cariño. Un encontro cheo de emoción e recoñecemento a unha vida longa, exemplo de historia, experiencia e raíces no noso concello.