Hai 250 anos, Francisco Antonio Mourelle servía como primeiro piloto na expedición que se estaba a preparar en San Blas para descubrir a Costa Norte de California.

En homenaxe ao veciño de Corme, do 11 de xullo ao 15 de agosto, hai preparada unha ampla programación de actividades.

A exposición «Mourelle en Alaska», a charla-conferencia «Expedición a Alaska» e a visita da reconstrución do patache Juanita Larando, embarcación do século XVIII creada pola Factoría Marítima Vasca Albaola (Pasaia), serán algunhas das que poderemos gozar.