
Hoxe as persoas usuarias da Casa dos Maiores de Ponteceso e Laxe realizaron unha saída cultural ao Museo de Xoguete en Ponteceso, acompañados de persoas voluntarias da Escola de Tempo Libre de Laxe e das súas coidadoras.
Grazas a Ricardo, director do MELGA, quen fixo de guía para non perder ningún detalle nunha xornada que serviu para exercitar a memoria lembrando xogos e xoguetes da infancia.
Despois desta visita, fíxose unha xuntanza na praia de Badarés para comer e repoñer forzas