Inauguración da Casa do Maior de Senande

Un novo espazo pensado para o coidado, o benestar e a convivencia das persoas maiores de Muxía💙

No acto participaron:

• Sofía López, concelleira de Política Social

• Sandra Vilela, tenente de alcalde

• Javier Sar, alcalde

👉 A Casa do Maior nace para ofrecer atención próxima, acompañamento diario e un entorno familiar, mellorando a calidade de vida das nosas persoas maiores.

🤝 Desde o Concello de Muxía Queren agradecer á Xunta de Galicia o financiamento deste servizo, que fai posible a súa posta en marcha, así como destacar o compromiso do Concello, que cedeu o local para que este proxecto sexa unha realidade.

🌱 Trátase dun novo servizo para os nosos maiores e para o noso rural, que aposta por un modelo de atención próximo, humano e adaptado ás necesidades da veciñanza, permitindo ás persoas maiores permanecer no seu entorno habitual.