inauguración de “Onde habitan as mouras. Cartografías de nós”, da artista Viki Rivadulla

Onte o Concello de Vimianzo viviu unha tarde inesquecible na Sala de Exposicións Antón Mouzo coa inauguración de “Onde habitan as mouras. Cartografías de nós”, da artista Viki Rivadulla

🖼️ Unha exposición que nos convida a conectar coa memoria, coa terra e co legado das mulleres, e a reflexionar sobre como coidar o noso territorio desde unha mirada ecofeminista.

📖 As voces das poetas Marta Dacosta, Laura Rey Pasandín e Inma Doval acompañadas de lecturas doutras poetas por Natalia Navaza ,Carmen de Miguel e Nieves Lema ,lembráronnos que a poesía tamén é territorio, memoria e coidado.

✨ Que a arte siga abrindo camiños para escoitar a terra, a memoria e as voces que seguen vivas.

⏰ A exposición continúa aberta:

🗓️ Luns a venres: 9:00-14:00 / 16:00-20:00

🗓️ Sábados: 9:00-13:00 / 20:00-22:00

💭 E ti, vas perder esta viaxe pola memoria e a terra ou vas achegarte a descubrir onde habitan as mouras?